jueves, 20 de mayo de 2010

Xoán vive moi ben en Caracas. Celso Emilio Ferreiro

cartos (foto)

XOÁN VIVE MOI BEN EN CARACAS

A sociedá do benestar está vindo
polos laberintos das computadoras.
Un mundo feliz, querido Aldous,
sin paxaros no amencer, está chegando.

Xoán traballa nunha fábrica de automóviles.
Xoán traballa nunha fábrica de tocadiscos.
Xoán traballa nunha fábrica de neveiras.
Xoán traballa nunha fábrica de televexos.

Xoán traballa e aforra sen descanso
pra meter o seu diñeiro nun banco
que é dono da fábrica de automóviles,
que é dono da fábrica de tocadiscos,
que é dono da fábrica de neveiras,
que é dono da fábrica de televexos
e da pubricidá que abrolla nas súas pantallas.

Traballe, produza, aforre,
que o demais é conta nosa.
Vosté poña o diñeiro,
que nós poremos o demais.

Xoán poido por fin mercar un automóvil,
Xoán poido por fin mercar un tocadiscos,
Xoán poido por fin mercar unha neveira,
Xoán poido por fin mercar un televexo,
para ver na súa pantalla
a pubricidá que o seu banco desenrola.
Xoán conseguiu por fin electrodomesticarse,
electroconvencerse de que é mellor estar tranquilo
e electrocomportarse coma un bo rapazote
ó que nada humán lle é alleo cando é cómodo.
Os beneméritos, filantrópicos industriás,
co seus aliados mercantís en comandita
encheron as faltriqueiras, porque o diñeiro
de xaneiro a xaneiro é sempre do banqueiro,
según di o refrán
que noutro tempo fixo o pobo Xoán.
Antipoemas (1972)

1 comentario:

jalo dijo...

celso, celso, celso, celso...
pasalo ben!