miércoles, 27 de abril de 2011

Especially me, Probably you

Centro Niemeyer, Avilés (foto)

Guggenheim, Bilbao (foto)



No Centro Niemeyer chovía pero o Guggenheim recibiunos cun espléndido sol.

Días cantábricos. Sebaris e Raidont.

jueves, 14 de abril de 2011

Entropía

BancoDasMentiras (foto)

Onte, lendo Hilo Musical recordei a miña cinta de hits do 90. Non tiña cara de rápidas e cara de lentas. Na miña, estaban todas mezcladas. Era unha das poucas que tiña. Escoitábaa unha e outra vez, naquel walkman Aiwa blanco con auriculares de diadema metálica que Benedicta me trouxera de Benidorm unha vez que fora co Imserso. Púxenme nostálxica. Agora teño toda a música que quero. Disfrútoa moitísimo, eso é verdade, pero gustaríame volver a sentir o que sentía aquela nena que collía a bici e se ía cos seus cascos ao fin do mundo…

miércoles, 6 de abril de 2011

Félix Fénéon tería conta en Twitter!

Félix Fénéon, portrait


Está ben claro, non o podemos negar nin moito menos esquecer: vivimos no 2.0, redes sociais para elixir, flickrs, tumblrs, blogues, de todo!! Marcan novos xeitos de vida, novos sistemas educativos, novos camiños de interacción, novas maneiras de expresión. En definitiva, cambian a visión do mundo e actúan dentro del como grandes revulsivos de masas a tiro de "intro".
Todo isto é marabilloso, son os novos camiños da expresión humana (artística ou non), as novidosas canles nas que a sociedade se move facilitan o coñecemento simultáneo e a sensación de pertenza a un grupo.

Pois ben, paseando pola librería do meu barrio, atopei un libro de Félix Fénéon titulado Novelas en tres líneas, publicado por Impedimenta (2011), nel recopílanse máis de 1000 breves textos deste anarquista, dandy, de profesión nin periodista nin novelista que, 100 anos antes, xa se deu conta que escribir "tweets" podía ser algo extremadamente impactante e innovador.
En 1906, pasou a encargarse da páxina de sucesos no periódico Le Matin e decidiu cambiar o estilo de redacción por algo novo, diferente, rompedor, onde o ritmo fose o importante. Creo que o acadou de sobra. Sen lugar a dúbidas, Fénéon hoxe en día twittearía!

Di Julian Barnes «Fénéon sabía cómo infundir vida a tres líneas, demorar una información clave, introducir un adjetivo estrafalario y dejar el verbo imprescindible para el final.»

Máis sobre Fénéon aquí