martes, 26 de julio de 2011

Cousas que non cambiarán


Foto Minero, reportajes gráficos, 1966 (foto)

Esta foto paréceme brutal. Gústanme as fotografías de antes. De vez en cando collo os vellos albumes que teñen meus pais e míroos unha e outra vez, coñézoos de memoria.

Case 45 anos separan este retrato do momento presente. É toda unha vida. Unha vida de alegrías, de decepcións, de bos e malos momentos, de mozas, de festas e bailes, de fillos e netos, de traballo, moito traballo.
Os maiores sempre din que temos moita sorte, que todo o temos feito, que esta vida de agora non é como a de antes. Probablemente teñan razón ainda que eu en ningún momento entendín a vida como algo sinxelo. Efectivamente, a nosa realidade non é a mesma é moi distinta a aquela época pero estou segura que, en esencia, sempre haberá cousas que non cambiarán.

Simplemente unha cuestión que me ten moi intrigada: sendo o Foz dos anos 60 como era (fixádevos como era a estrada, ou máis ben o camiño) onde comprarían a roupa? de onde sacarían esas gabardinas? porque mira que ían impecables...

De esquerda a dereita: Tilano, Pedro de Marité, o Gorrión, o Paparuxo (meu pai), o Bolico, o Chirolo e o Tobaneco.

martes, 19 de julio de 2011

Evaristo o cesteiro

cesta de Evaristo (foto)

No meu pobo todos os martes pola mañá hai mercado na dársena do porto. A verdade non é que sexa un gran mercado pero a mín encántame ir e revolver en todos os postos, con sorte igual podes atopar algo que realmente mereza a pena. De todos os xeitos, a visita nunca será en balde porque sempre podes traer cereixas, pexegos ou mazás de "Frutería Mucha" (que está todo riquísimo).

Hoxe aproveitando que estaba Carla de vacacións fumos as dúas e coñecimos a Evaristo o cesteiro (bueno, coñecino eu porque Carla que é ela mui internacional xa sabía quen era este bo home pois o seu fillo pequeno estudou con ela no colexio) Pois ben, Evaristo tiña unha mercancía única. Carla mercoulle unha tabla de madeira para cortar e eu unha cesta que, probablemente, sexa a máis bonita que vin nunca.

Para máis cousa curiosa o fillo do cesteiro que tamén se chama Evaristo, é surfer e foi co noso amigo Emili a Indonesia o ano pasado. estívome contando as mil e unha marabillas da viaxe o cal ainda me deu máis ganas de seguir (ou máis ben de empezar) co surf en serio. As mañás de martes dan para moito e o surf está en todas partes ata nun posto de cestos no mercado.

miércoles, 13 de julio de 2011

let´s go!

sensaciónsurfescola (foto)

sensaciónsurfescola (foto)

Despois desta mini-experiencia podo dicir que o surf é algo realmente xenial: sensación de contacto total coa natureza e os elementos.

Cinco días que deron para moito: cansancio, risas, frío, emoción, desesperación, alegría... e o que é máis importante, creo que esto simplemente acaba de comezar, gustaríame que así fose.

Disfrutade do verán e boas olas