martes, 25 de mayo de 2010

luscofusco

luscofusco, Xixón (foto)

Hai un momento do día, entre o día e a noite, en que a luz desaparece case por completo e as cousas se perciben como sombras. Ese momento é máxico e o perfecto para amarse, para abrazarse, para chorar, para rir, para descansar, para pensar, para disfrutar, para beber unha cervexa, para sentarse na terra, para contar unha boa historia, para botar un cigarro, para escoitar o último disco do teu grupo favorito, para chamar a esa persoa que fai tanto que non ves, para collerse da man, para xuntarse cos amigos, para ler un libro, para viaxar coa imaxinación, para falar cos mortos, para dar un paseo, para dicirlle a túa mai todo o que a queres, para bailar coa única persoa coa que compartes os teus segredos máis profundos, para ver o idiotas que somos ou para darse conta da fortuna que temos...
Existe ese momento, é a bocanoite, a noitiña, o luscofusco.

Tamén se considera luscofusco ao momento do día, entre a noite e o día, cando cantan os galos, no que a primeira claridade da mañá permite distinguir as cousas coma sombras. Resulta ser outro momento moi especial, é a chegada dun novo amencer, un novo día. Algo novo e fresco que nos fai abrir os ollos cos primeiros raios amosando toda a nosa inocencia.


Luscofusco, unha das palabras máis fermosas da lingua
Luscofusco, un dos momentos máis especiais do día.

1 comentario:

Unknown dijo...

ains... onte votei a sesta e despertei e non sabia se estaba anoitecendo ou amencendo e foi moi agobiante, e ista foto recordoume o feito... jaajja