BancoDasMentiras (foto)
Onte, lendo Hilo Musical recordei a miña cinta de hits do 90. Non tiña cara de rápidas e cara de lentas. Na miña, estaban todas mezcladas. Era unha das poucas que tiña. Escoitábaa unha e outra vez, naquel walkman Aiwa blanco con auriculares de diadema metálica que Benedicta me trouxera de Benidorm unha vez que fora co Imserso. Púxenme nostálxica. Agora teño toda a música que quero. Disfrútoa moitísimo, eso é verdade, pero gustaríame volver a sentir o que sentía aquela nena que collía a bici e se ía cos seus cascos ao fin do mundo…
No hay comentarios:
Publicar un comentario