miércoles, 2 de abril de 2008

Hoxe unha de estar ata as pelotas


Estou farta de tanto saber estar, do que eu fago é o que vale, estou ata as pelotas de que a xente solo mire o seu puto furado da barriga, que non sepa verse nos ollos dos seus semellantes ou polo menos verse como realmente son, que non se sinceren consigo mismos. Estou farta das apariencias, das falsas miradas, dos enganos gratuitos, da superficialidade absoluta que o invade todo, de que a xente critique modos de vida que no fondo é o estilo de vida que teñen máis que asumido. Ata as pelotas dos cambios de opinión, dos xiros de personalidade, das incoherencias persoais que algúns e algunhas asumen como algo natural…Pero o que realmente me infla as narices é o cinismo, o cinismo da xente que se etiqueta como clara e transparente, desa xente que fai do cinismo unha maneira de vivir. Paréceme penoso, paréceme cobarde…

Farta de que non exista humildade entre os seres humanos, joder! Que por ser humildes ninguén vai deixar de ser cool, nin supermoderno, nin emo, nin etiquetas chorras de esas que agora están tan de “moda” e que de tanto oir xa me retumban na miña cabeciña dunha maneira recalcitrante…Pensade, que sería máis gratificante e enriquecedor que aceptarse dunha puta vez!? Pero non no sentido de adoptar roles rancios como idiotas, todos encasillados, todos catalogados senón solo aceptarnos como…humanos? Que vos parece?...creo que igual para algúns ou algunhas pode ser un reto demasiado arriesgado. Mirade, case mellor que esta xente siga na súa póla, así como un cáncer localizado, que non chegue a metastatizar…sempre haberá células resistentes que soporten os seus ataques contaminantes.

Non me gusta estar ata as pelotas pero é que xa cheira tanta movida desta, por favor!!! Ademáis escribir todo este surtido de fartismos despois dun día espléndido atreveríame a decir que é ata impertinente. Estábanse volvendo corrosivas as ideas na miña mente e necesitaba soltalas.

E despois de este rollo vou a poñer a remollo unhas lentellas ricas para preparar unha comida deliciosa para unhas personiñas deliciosas…Ala!

Perdón por todos os erros que poida ter na escrita pero é que en galego necesito escribir como falo.

5 comentarios:

JABI dijo...

jajaja eres tremenda! :D

canta razon pequena! pero bueno... non lle deas a menor importancia a esa xente, e dedicate á xente que vai comer lentellas contigo!que o merecen máis! e ti tamén! un bico amor!

Anónimo dijo...

PUES SINCERAMENTE EVA, NO HACES MÁS QUE RODEARTE DE GENTE ASÍ. MUY CERCA DE TI HAY PERSONAS EN LAS QUE DEBERÍAS DE CONFIAR MENOS.
SIENTO TENER QUE DECIR ESTO, Y DECIRLO ASÍ PORQUE NO TE LO MERECES.

Anónimo dijo...

ihaveafriendincanada.blogspot.com

Anónimo dijo...

por cierto, no soy el mismo anónimo que el anterior, no vayamos a liar las cosas.yo no te conozco de nada, solo pasaba por aqui...
ihaveafriendincanada

Anónimo dijo...

ei!
q che pasou eviña?¿?
eu tm estou enfadada co mundo!
chuchos e ánimos...
carla