lunes, 10 de enero de 2011

A porta de poxigo

mira má que moderna! (24/08/65) (foto)


Quero un piso con porta de poxigo, por que non?

Imaxinade o cómodo que sería: poñamos por caso que o carteiro che ven traer un pedido de Norman Records, abres a porta pola parte de arriba e podes apoiarte e manter unha agradable conversa con el sobre canto che tardaba recibir dito paquete ainda que esteñas en bragas ou calzóns, sen incomodalo en ningún momento.

Se queres baixar a pasear ao teu can, podes abrirlle a porta pola parte de abaixo e mentras ti rematas de lavar os dentes ou de sacar a roupa da lavadora, o can xa pode ir chamando ao ascensor ou baixando a polo periódico…

Quero un mundo donde volvan a estar de moda as portas de poxigo.

4 comentarios:

diego dijo...

non acabo de levo nun terceiro, pero sígolle dando voltas...
...de todos os modos, nunha casiña, SI!

diego dijo...

*velo

AnnaNever dijo...

Riotorto,
tes todas as portas de poxigo que queres...
solo que tes que saber que non se pode abrir la parte de abaixo sen ter aberta a parte de arriba...
muaka
quérote, miña soñanta!
muá

jalo dijo...

Encántanme. Pero coincido con Diego no de poñela nun piso, aínda que nunca vin unha, pode ser q sexa o máximo.