viernes, 11 de junio de 2010

11/06 Dieguiño

Warschauer Str. Berlín
(photoautomat)

A primeira vez que falei con Diego foi unha noite de principios de verán, acórdome perfectamente do momento e tamén del. Era un chavalito, poderiamos dicir ainda adolescente. Levaba o pelo cortiño e no curuto levantáballe para riba un mechón. Vistía unha camiseta toda raída, parecía papel de fumar, cun debuxo de dous emigrantes galegos metidos nunha lata de sardiñas.
Empezamos a falar e cando nos dimos conta pasaran horas, esa día contoume mil cousas e eu supoño que outras tantas, ainda que recordo mellor as súas palabras cas miñas... Diso xa fai uns cantos anos, pero a partir dese instante os nosos camiños quedaron irremediablemente cruzados (cousa da que me sinto enormemente afortunada)

Hoxe cumple 27 anos, é o seu día.

Non vou a dicirlle nestas catro liñas nada que non sepa. Non vou a facer un epílogo de sentimentos, nin moito menos. Simplemente vou a darlle as gracias, porque merece un GRACIAS que se saia da pantalla.

Feliz día ruliño.

Don´t you worry a bit!
try to think about me.







Algo escrito fai moito tempo nunha persiana: "existeu un tempo no que as horas de luz invadían a túa existencia...cando a angustiosa escuridade che deixe ver as pequenas cousas atrapadas polo olvido, descubrirás o verdadeiro camiño, o camiño de retorno á imperfecta felicidade"

gracias por voltar...

2 comentarios:

jalo dijo...

Qué bonito es el amor, qué bonito en primavera!!!!!! Felicidades logo!

Unknown dijo...

que bonito...