martes, 19 de julio de 2011

Evaristo o cesteiro

cesta de Evaristo (foto)

No meu pobo todos os martes pola mañá hai mercado na dársena do porto. A verdade non é que sexa un gran mercado pero a mín encántame ir e revolver en todos os postos, con sorte igual podes atopar algo que realmente mereza a pena. De todos os xeitos, a visita nunca será en balde porque sempre podes traer cereixas, pexegos ou mazás de "Frutería Mucha" (que está todo riquísimo).

Hoxe aproveitando que estaba Carla de vacacións fumos as dúas e coñecimos a Evaristo o cesteiro (bueno, coñecino eu porque Carla que é ela mui internacional xa sabía quen era este bo home pois o seu fillo pequeno estudou con ela no colexio) Pois ben, Evaristo tiña unha mercancía única. Carla mercoulle unha tabla de madeira para cortar e eu unha cesta que, probablemente, sexa a máis bonita que vin nunca.

Para máis cousa curiosa o fillo do cesteiro que tamén se chama Evaristo, é surfer e foi co noso amigo Emili a Indonesia o ano pasado. estívome contando as mil e unha marabillas da viaxe o cal ainda me deu máis ganas de seguir (ou máis ben de empezar) co surf en serio. As mañás de martes dan para moito e o surf está en todas partes ata nun posto de cestos no mercado.

No hay comentarios: