
Foto Minero, reportajes gráficos, 1966 (foto)
Esta foto paréceme brutal. Gústanme as fotografías de antes. De vez en cando collo os vellos albumes que teñen meus pais e míroos unha e outra vez, coñézoos de memoria.Case 45 anos separan este retrato do momento presente. É toda unha vida. Unha vida de alegrías, de decepcións, de bos e malos momentos, de mozas, de festas e bailes, de fillos e netos, de traballo, moito traballo.
Os maiores sempre din que temos moita sorte, que todo o temos feito, que esta vida de agora non é como a de antes. Probablemente teñan razón ainda que eu en ningún momento entendín a vida como algo sinxelo. Efectivamente, a nosa realidade non é a mesma é moi distinta a aquela época pero estou segura que, en esencia, sempre haberá cousas que non cambiarán.
Simplemente unha cuestión que me ten moi intrigada: sendo o Foz dos anos 60 como era (fixádevos como era a estrada, ou máis ben o camiño) onde comprarían a roupa? de onde sacarían esas gabardinas? porque mira que ían impecables...
De esquerda a dereita: Tilano, Pedro de Marité, o Gorrión, o Paparuxo (meu pai), o Bolico, o Chirolo e o Tobaneco.